LICENCIA INTERAUTONOMICA

A partir do vindeiro 25 de novembro xa será posible tramitar a licenza interautonómica de caza na Comunidade Autónoma de Galicia. Este documento habilita ao seu posuidor a exercer a caza (ou a pesca no seu caso) nas comunidades Castela e León, Extremadura, Madrid, Aragón, Principado de Asturias, Valencia e a propia Galicia. É necesario lembrar que esta licenza non substitúe á licenza de caza de Galicia, que se poderá seguir obtendo de maneira individual e do mesmo xeito que se ven facendo ata o de agora. A continuación detallamos os procedementos e requisitos para obter a licenza interautonómica, tal e como nos ven en informar a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Inicialmente a emisión destas licenzas só poderá realizarse nos servizos de Conservación da Natureza provinciais e nos servizos centrais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Para a emisión destas licenzas deberá terse en consideración o seguinte: 1.- Requisitos para a obtención da licenza interautonómica de caza ou de pesca nas augas continentais: Para que as comunidades autónomas signatarias expidan a licenza interautonómica de caza ou de pesca, será preciso o cumprimento por parte do interesado dos seguintes requisitos: 1.- Ser cidadán español ou extranxeiro residente en España. 2.- Que teña abonado a taxa esixida para a obtención da licenza interautonómica de caza ou de pesca en augas continentais. 3.- Que non se atope inhabilitado para a obtención de licenza de caza ou de pesca en augas continentais por sanción administrativa firme en calquera das Comunidades Autónomas signatarias ou por resolución xudicial firme en aplicación da lexislación estatal. 4.- No caso do novo cazador (non posuir licenza con anterioridade á data de 14 de outubro de 2015 nalguna comunidade autónoma que teñan implantado o exame de cazador ou sistema equivalente) ter superado o exame de cazador ou outro sistema de acceso equivalente que teña establecido cada Comunidade Autónoma. 2.- Solicitude de licenza interautonómica: Os datos obrigatorios que debe completar a solicitude da licenza serán o nome e apelidos do interesado, o enderezo habitual, o número de DNI para cazadores ou pescadores nacionais ou o NIE para os extranxeiros residentes e a data de nacemento, conforme ao modelo de solicitude establecido no Convenio. Descargar solicitude No caso de menores de idade, deberán figurar tamén os datos do titor legal ou representante. A acreditación previa dos requisitos para a obtención da licenza interautonómica de caza ou de pesca en augas continentais, realizarase mediante declaración responsable. O solicitante deberá presentar a solicitude de licenza que inclúe a “declaración responsable” debidamente cumprimentada xunto co xustificante de ter abonado a taxa correspondente perante os servizos provincias ou servizos centrais para a obtención da correspondente licenza. 3.- Importe da taxa: A taxa por expedición das licenzas interautonómicas de caza e de pesca en augas continentais será de 70 euros para a licenza de caza e de 25 euros para a de pesca. Non serán de aplicación as exencións ou bonificacións que teñan recollidas as Comunidades Autónomas asinantes nas súas respectivas Leis de Taxas. Segundo o establecido no porpio convenio, esta taxa incrementarase anualmente aplicando unha porcentaxe de actualización do 1,5%. O plazo de validez da licenza será dun ano, contado a partires do día da súa expedición.

Comentarios (0)